O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo vén de publicar a actualización para o ano 2023 dos ensaios sobre o valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia
O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) vén de publicar a actualización para o ano 2023 dos ensaios sobre o valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia, unha referencia que serve de axuda á hora de escoller as variedades que mellor se adaptan a cada zona con vistas á campaña de sementeira que comezará nas vindeiras semanas.
Trátase dunha análise comparativa anual que se realiza dende o ano 1999 co obxectivo de avaliar o rendemento e calidade das variedades comerciais máis utilizadas na comunidade. Os ensaios fixéronse en catro comarcas: Sarria, Trasdeza, Ordes e A Mariña lucense.
Nos campos de cultivo utilízase un deseño en bloques ao chou con tres repeticións, cunha densidade de 90.000 plantas/ha. Recolleuse cada variedade no momento en que a liña de leite estaba a 1/3-1/2 do ápice (gran pastoso-vítreo) e analizouse a parte verde da planta e as espigas por separado.


Á hora de elixir unha variedade, dende o CIAM recomendan que o primeiro que temos que ter en conta é o ciclo que resulte máis axeitado ao clima da zona.
Neste sentido aconsellan que:
Dentro do ciclo elixido, dende o CIAM recomendan escoller aquelas variedades que reúnan as dúas condicións seguintes ao mesmo tempo:
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta