Celébranse durante o mes de febreiro e contarán coa participación de 18 conferenciantes e referentes a nivel local, autonómico e nacional no sector agroalimentario
O Concello de Lalín organiza o ciclo de conferencias Lalín Conecta, xornadas sobre a remuda xeracional e a transición tecnolóxica no sector agrícola e gandeiro. As intervencións tratarán de motivar e impulsar a xeración de redes entre profesionais e empresas desde un punto de vista de substitución xeracional no sector agroalimentario galego con aplicacións de economía circular.
O obxectivo das xornadas será identificar e dar a coñecer exemplos inspiradores e fórmulas de promoción do talento no sector agrícola e gandeiro e exemplos de relevo xeracional e de salto á transición tecnolóxica. Participarán un total de 18 conferenciantes e referentes a nivel local, autonómico e nacional no sector agroalimentario.
As xornadas celebraranse 6, 9, 13 e 16 de febreiro no auditorio da biblioteca municipal de Lalín. Nelas poñeranse en valor as referencias de emprendedores relevantes que sirvan de guía e exemplo no sector. Desenvolveranse en horario de 10.30 a 13.00 horas.
Estas xornadas están dirixidas a centros educativos da cadea agroalimentaria, emprendedores, colectivos con dificultades de acceso ao emprendemento e en especial ás mulleres en situación de especial vulnerabilidade. As persoas que desexen participar de balde poden inscribirse en: lalinconecta@gmail.com.
O formato das xornadas tratará de unir a experiencia sénior e o ímpeto xove para crear contacto entre iniciativas innovadoras dentro do sector agroalimentario con longa historia e tamén iniciativas de nova creación, incluso ideas empresariais do sector que están en nova formación. Este é o programa e os participantes das xornadas:
– Carmen Rodríguez (Agaca)
-Marta Castro Pintos (Lagar de Pintos)
-Noelia Sampayo (Queixería Pazo de Anzuxao)
-Carlos Brea (Cervexas Toupiña)
– Abel Mato (Antoxo do Carrio)
-Ana Corredoira (Granxa A Cernada)
-Verónica Núñez (Caurelor)
-José Silva (Pazo de Des)
-David Liñares (De Liñares)
-Sonia López (Piscofino)
-María José Tallón (Trasdeza Natur)
-José Antonio Pousa (Licores Pousa)
-María Jesús Vilanova (Viveiros Agra)
-Beatriz Piñeiro (Pazo Quinteiro da Cruz)
-Chelo López (Gandería Quintián)
-Salvador Martínez (Mirabel do Rosal)
-Nuria Varela (Pazo de Vilane)
-Susana Aguiar (Kalekoi)
Esta acción encádrase dentro da liña de actuación “Plan Talento Lalín” da estratexia DUSI LALÍNSSUMA21 dirixida pola concelleira e tenente de alcalde, Paz Pérez. A responsable municipal da Estratexia fai fincapé en que o obxectivo das xornadas é conectar nas intervencións diversos referentes do mesmo sector ou de áreas complementarias dentro do sector agroalimentario ofrecendo múltiples beneficios:
• Comunicar a súa experiencia vital no mundo do sector agroalimentario con produto ou servizo.
• Establecer vínculos con potenciais socios, investidores ou clientes.
• Mostrar exemplos de aplicación de economía circular no sector agroalimentario
• Aplicación de novas tecnoloxías no sector agroalimentario
• Exemplos de cooperativismo no sector

Cartel da primeira xornada, que se celebrará o luns 6 de febreiro.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta