PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Xornada formativa sobre a normativa a aplicar nas explotacións equinas

A formación celebrarase no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón) o vindeiro sábado 12 de novembro en horario de 9,30 a 14,30 horas

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar un curso en Boqueixón sobre a normativa de aplicación nas explotacións equinas e as obrigas dos titulares. O obradoiro celebrarase no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude o vindeiro sábado 12 de novembro en horario de 9,30 a 14,30 horas.

O obxectivo desta formación é ofrecer aos alumnos a formación axeitada para que obteñan os coñecementos necesarios para cumprir coas súas obrigas normativas, ao tempo que afondará nas utilidades da Oficina Virtual Gandeira (OVGAN) para que o alumnado faga un bo uso dela.

Este curso está dirixido á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

PUBLICIDADE

A inscrición pode facerse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 881 867 327, ou enviarse un correo a cursos.agacal.sergude@xunta.gal

Ver todas as noticias de carne

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *