PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Xornada de formación para unha comunicación forestal efectiva

O Servizo de Montes de Ourense organiza para o vindeiro martes 25 de outubro esta acción formativa que terá lugar no Salón de Actos Casa de Chocolate, en Ourense

Este curso ten como obxectivo comunicar eficazmente en determinadas situacións do eido forestal

O Servizo de Montes de Ourense organiza un curso de formación para a mellora da comunicación forestal. Terá lugar no Salón de Actos Casa de Chocolate (Ourense) durante o vindeiro martes 25 de outubro en horario de tarde, de 16.00h a 21.00h. O código do curso é o FC2022F132075 e a súa asistencia require de preinscrición a través deste enlace.

O obxectivo desta xornada é transmitir a importancia do monte en Galicia así como ensinar aos forestais “a contar o seu traballo” xa que “este infernal verán deixou claro que é imprescindible comunicar de xeito fiable e profesional”, detalla a xefa da área técnica III María José Alberte.

Para isto, nesta xornada intervirá Ismael Muñoz, director de Osbodigital -unha plataforma especializada en xestión forestal- e da revista Foresta. Ademáis, tamén impartirá unha parte do curso Lois pardo, xestor cultural. Para obter máis información está habilitado o teléfono 988 386 706 e o correo maria.jose.alberte.rivera@xunta.gal.

Cartel de presentación da xornada de formación

Cartel de presentación da xornada de formación

Ver todas as noticias de emprender formación

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *