PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Xornadas informativas sobre as axudas da nova PAC para agricultura e gandería ecolóxica

DEPROECO (Asociación para o Desenvolvemento Rural da Produción Ecolóxica de Galicia) e Agronovo Ecoloxía, en colaboración coa Caixa Rural Galega, organizan varias xornadas informativas en diferentes concellos da comunidade, en horario de 10:00 a 13:00, sobre As Axudas da PAC 2023-2027 e sobre Gandería Ecolóxica.

O eixe central destas xornadas é informar aos produtores das novidades da PAC 2023-2027,especificando os requisitos e condicionantes para poder cobrar as axudas neste novo período; así como informar sobre os requirimentos normativos da produción gandeira ecolóxica: como producir, situación actual do mercado e o proceso de conversión á produción ecolóxica.

A inscrición é gratuíta. Basta con enviar un correo electrónico a asociacion.dpe@gmail.com ou ben chamar ou mandar un whatsapp ao teléfono 698956453.

PUBLICIDADE

PAC 2023_2027 Gandería Eco

Ver todas as noticias de desenvolvemento rural

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *