O grupo Soaga ofrece unha ampla gama de solución de cultivos de inverno, raigrases, leguminosas e cereais
Campo Galego
Como complemento ao cultivo do millo, os cultivos de inverno completan a base da alimentación do gando vacún.
Unha adecuada selección da semente e un bo manexo do cultivo contribúe á redución dos custos de produción, tendo un peso tan importante coma o millo na explotación.
O catálogo inclúe distintas combinacións:
Siega Max é a mestura de raigrás westerwold e raigrás italiano, unha combinación de variedades selectas con alta capacidade de implantación e tolerancia a enfermidades que garanten a máxima produción no primeiro e segundo corte de ensilado, con resistencia ao encamado e marxe de espigado para que a climatoloxía non condicione a elección do momento de sega.
Siega Max-pro é a combinación ideal de raigrás con trevos anuais de actitude forraxeira, que proporcionan alto contido en proteínas, boa palatabilidade e gran capacidade de rebrote.
Siega Max-pro alternativa proporciona maior contido en azucres que outras mesturas para unha mellor conservación do silo e unha proteína máis asimilable grazas á súa fórmula de raigrás italiano, raigrás híbrido e trevos.
Siega Max-plus representa o equilibrio perfecto entre proteína e fibra grazas á combinación de raigrás westerwold con trevo alexandrino, encarnado e persa, o que proporciona ao gando un excelente equilibrio nutricional.
Triti Max é unha mestura de veza, triticale e raigrás italiano que achega máxima produción sen descoidar a calidade nutritiva. Inclúe semente inoculada de variedades selectas.
Hibrid Max é unha combinación ao 50% de raigrases ingleses e híbridos con dobre actitude, apta para rotación con millo ou pradeira plurianual, destacando o seu alto valor nutricional por enriba da media.
Pasto Max é a pradería de longa duración para sega e pastoreo. A combinación de raigrás inglés, raigrás híbrido, trevo branco e trevo vermello achega alta produción e gran calidade nutritiva nunha pradeira con boa implantación e resistencia ao pisado que dura ata 6 anos.
Na seguinte ligazón pódese descargar o catálogo completo de sementes pratenses de Soaga con indicación das doses de sementeira recomendadas. O departamento técnico da empresa, formado por enxeñeiros agrónomos, está a disposición dos agricultores e gandeiros para axudarlles a elixir a mestura que mellor se adapta ás súas necesidades, en función de factores como o tipo de chan ou a duración e destino final da pradeira.
PUBLICIDADE
Podes contactar co Grupo Soaga no teléfono 986 516 035 ou a través da páxina web www.gruposoaga.com.
A importancia da rotación millo-pradeira
O cultivo de inverno con mesturas de raigrás, cereais e leguminosas achega proteína e reduce as necesidades de fertilización do cultivo de verán ao fixar nitróxeno ambiental
As condicións edafolóxicas nas que traballamos son as idóneas para sacar un alto rendemento do cultivo de inverno. Outra das vantaxes de non deixar as terras baleiras é a redución da escorrentía, así como a fixación de nitróxeno ambiental por parte dos trevos, o que reduce as necesidades de fertilización do cultivo de verán.
A rotación de cultivos é precisamente un dos aspectos ambientais nos que a nova PAC fai fincapé, tanto a través dos ecoesquemas como da condicionalidade reforzada, polo que a partir de 2023 a sementeira de praderías trala colleita de millo será unha das prácticas esixidas ás explotacións agrícolas e gandeiras.
Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso del sitio web y mejorar la experiencia de navegación de los usuarios. Más información en la Política de cookies
Funcionales
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de habilitar el uso de un servicio específico solicitado explícitamente por el suscriptor o usuario, o con el único propósito de realizar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para el propósito legítimo de almacenar preferencias que no han sido solicitadas por el suscriptor o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario con el fin de enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
Deixa unha resposta