A interrupción dos procesos de fabricación de numerosas empresas e cooperativas está motivando peches temporais de certas plantas pola falta de subministración. Deste xeito, a cadea de valor alimentaria pide aos convocantes que deixen de coaccionar ao resto de sectores

Ante o agravamento do paro do transporte, as asociacións e entidades que integran á cadea de valor alimentaria – a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) e a Agrupación industrial Alimentaria de Galicia (Clusaga)- alertan de que a situación xa é, nestes momentos, insostible e instan a acabar inmediatamente cun conflito que está a ter elevados custos para a economía e o conxunto da sociedade.
Numerosas industrias e cooperativas tiveron que interromper os seus procesos de fabricación e víronse obrigadas a pechar temporalmente as súas plantas ante a falta de subministración, mentres que outras anunciaron que deberán facelo proximamente. Ademais, ante esta situación, as empresas de distribución traballan con grandes dificultades.
Cando se cumpren nove días desde o inicio do paro, desde a cadea de valor agroalimentaria e do gran consumo consideran “inaprazable poñer fin a esta situación que está a poñer en claro risco o abastecemento de produtos, así como a continuidade de miles de empresas e empregos”.
Agaca e Clusaga fan un chamamento ao Goberno de España a “unha intervención urxente nun conflito que se converteu nun problema de Estado cun impacto sobre a economía e os cidadáns que non admite demora”. Esixen, así mesmo, que se garanta a seguridade, coas medidas que sexan necesarias, e o dereito para traballar dos transportistas que non queren sumarse ao paro, e que quen o secunda non coaccione ao resto dos sectores da cadea nin impidan a libre circulación de mercadorías.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta