PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Curso gratuíto en Lugo para obter o carnet de fitosanitarios

A Oficina Agraria Comarcal de Lugo, dependente da Consellería de Medio Rural vai realizar un curso de aplicador manipulador de produtos fitosanitarios nivel básico, que se pode complementar na programación de formación agroforestal que xestiona Agacal para este ano cun curso ponte par obter o nivel cualificado no caso de haber suficientes alumnos.

Está dirixido a titulares de explotacións agrarias, colaboradores e mozos que estén a piques de incorporarse á actividade agraria ou con axudas de instalación aprobadas ,e que precisen obter o carné profesional.

Está financiado polo fondo Feader nun 75%, e un 25% pola administración estatal e Xunta de Galicia, contando con unha duración de 27 horas lectivas.

PUBLICIDADE

Os interesados, que cumpran os requisitos poden dirixirse á Oac Lugo antes do día 21 de setembro, con número de teléfono 982294934 para calquera dúbida e facer a súa solicitude en oac.seca.lugo@xunta.gal

Ver todas as noticias de desenvolvemento rural

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *