A recuperación e prevención de incendios nos montes do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés centrará a “I Xornada de Traballo Xurés Vivo” que este sábado, 28 de novembro, se celebra de forma online.
A iniciativa, promovida pola Comunidade de Montes de Riocaldo (Lobios) co apoio do seis concellos que integran o parque, persegue involucrar a expertos para definir un plan de acción que axude a recuperar o monte queimado, así como identificar accións de prevención para evitar futuros incendios, un problema que afecta cíclicamente a esta comarca.
A xornada está previsto que se desenvolva entre as 10,30 e as 13,00 horas e contará coa participación dos presidentes da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González; da Asociación Portuguesa de Geógrafos, Antonio Bento Gonçalves, e da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais, Xosé Alfredo Pereira, ademais do director da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra, Juan Picos.

De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta