A firma leiteira deseña unha proposta para que o alumnado poida ter a experiencia de visitar unha fábrica láctea cumprindo cos protocolos de seguridade e saúde do coronavirus
Puleva acaba de redeseñar as visitas de escolares ás súas fábricas, que até o momento se facían en formato presencial. Ante a situación de pandemia do coronavirus, a marca puxo a disposición de tódolos os docentes de España unha actividade didáctica, que permite recrear a experiencia de visitar unha das súas plantas de produción sen saír do centro escolar.
“Ata agora, só os alumnos de Granada e Lugo tiñan acceso ás visitas pola proximidade a estas dúas fábricas. Con todo, co novo formato, os nenos de toda a xeografía española terán acceso a coñecer como funciona unha fábrica de leite por dentro. Desde Puleva animamos a todos os docentes a solicitar a visita para que os seus alumnos coñezan de primeira man todo o percorrido do leite ata que chega a casa”, comenta Vittorio Sgaravatti, director de mercadotecnia de Lactalis Puleva.
Os centros educativos interesados poden solicitar unha visita virtual no apartado específico da web da firma. A actividade está dirixida a nenos de entre 5 e 10 anos, e o seu contido central é a proxección dun vídeo interactivo na aula, no que se amosa como é o proceso lácteo desde a granxa ata a mesa, incluíndo un percorrido polas instalacións da fábrica de Granada.
Ademais, proporciónase material didáctico para contestar a diversas preguntas que se expoñen no vídeo interactivo e, unha vez que os alumnos pasaron todas as probas, reciben unha mochila cun lote de produtos Puleva.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta