PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Fin de semana negro en Ourense

Máis de 6.000 hectáreas arderon xa en 6 grandes incendios. Os de maiores dimensións son os de Lobios e Vilariño de Conso, cada un deles con máis de 2.000 hectáreas. En Cualedro, o lume ameazou vivendas e granxas.

Equipos de extinción no lume de Cualedro. / Imaxe: Brif Laza.

A provincia de Ourense vén de sufrir un fin de semana marcado por grandes incendios, aínda activos. Preocupan en especial o de Cualedro, con máis de 800 hectáreas, que ameazou casas e granxas; e o de Lobios, con máis de 2.000 hectáreas, que afecta ó Parque Natural do Xurés na zona da Mina das Sombras. Tamén hai grandes lumes en Vilariño de Conso (2.000 hectáreas), Vilar de Barrio (700 hectáreas), Chandrexa de Queixa (400) e Rairiz de Veiga (260 hectáreas).

As brigadas de incendios estiveron a traballar toda a noite en lumes como o de Cualedro, onde perigaron granxas e vivendas que foron salvadas in extremis polos equipos de extinción, que se volcaron na defensa do perímetro das edificacións.

O conselleiro do Medio Rural, José González, que estaba onte á noite no lume de Cualedro, declarou que a vaga de incendios de Ourense, con numerosos lumes simultáneos, débese ás previsións meteorolóxicas que anuncian chuvia para estes días. Calificou tódolos lumes de intencionados e avanzou que as forzas de seguridade volcaranse para deter ós incendiarios, “que terán que responder co seu patrimonio dos danos causados”.

PUBLICIDADE

Nas últimas horas decláraronse novos lumes en Manzaneda (100 hectáreas) e Vilardevós (80 hectáreas), segundo os datos do 085.

Recopilamos a continuación algunhas das imaxes que deixan os lumes.

Ver todas as noticias de forestal

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *