PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Xunta porá en marcha un “préstamo vendima” para que as adegas galegas podan comprar a uva

O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, reafirmou hoxe a aposta da Xunta polo sector vitivinícola galego, unha aposta que -dixo- se materializa en medidas concretas como o préstamo vendima, dotado con ata 60 millóns de euros e concibido para permitir a todas as adegas galegas afrontar a compra da totalidade da uva da colleita deste ano en condicións normais de mercado.

Moitas adegas enfróntanse a problemas de liquidez ao reducir considerablemente as súas vendas a causa do parón da hostalaría e do turismo causado polo coronavirus, unha situación que fai temer que non podan afrontar a compra de uva na mesma cantidade e cos mesmos prezos que en anos anteriores.

O conselleiro explicou que esta iniciativa forma parte dunha nova liña de financiamento impulsada pola Xunta para axudar aos autónomos, microempresas e pemes máis afectados pola emerxencia sanitaria. Fíxoo tras participar en Cambados na apertura de sobres dos premiados na XXII edición da Cata Concurso Rías Baixas Albariño 2019.

PUBLICIDADE

Segundo José González, o préstamo vendima é un instrumento financeiro deseñado de xeito coordinado entre as consellerías de Economía, Emprego e Industria e do Medio Rural. “Terá unhas condicións moi vantaxosas no que se refire ao custo financeiro e ao prazo de devolución coa posibilidade de ter un período de carencia de 1 ano e unha amortización de ata 4 anos”, avanzou.

Ver todas as noticias de portada arriba dereita

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *