A operadora galega Grelo prioriza a posta en marcha de centralitas virtuais de teléfono para que o persoal de empresas poida traballar desde a casa utilizando o teléfono da oficina igual que se estivesen nos seus postos

A expansión do coronavirus está a obrigar a moitas empresas a modificar os seus hábitos de traballo. Medidas xa adoptadas nas comunidades con máis casos, como Madrid ou País Vasco, onde as empresas están a apostar polo teletraballo, están trasladándose a Galicia. Ante ese escenario, Grelo, a operadora galega de telefonía, puxo en marcha unha campaña para priorizar a posta en marcha de centralitas virtuais nas empresas galegas coas que traballa.
As centralitas virtuais permiten que os traballadores poidan seguir traballando desde a casa utilizando o teléfono da oficina exactamente igual que se estivesen no centro de traballo, cos mesmos números de extensión e coa posibilidade de facer, recibir e transferir chamadas sen necesidade de realizar ningunha instalación e sen ningún custo engadido para o traballador.
A firma galega de telefonía, que xa viña prestando o servizo de centralita virtual, está percibindo nos últimos días o interese dos seus clientes por implantar esta medida, que facilita o traballo a distancia. A operadora está orientando ás empresas sobre os sistemas que lles poden facilitar á transición ó teletraballo dun xeito que teña a mínima incidencia na actividade cotiá das firmas.
Máis información
info@grelocomunicaciones.es
881 821 100
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta