
A Consellería de Economía vén de convocar subvencións para a contratación de persoas mozas menores de 30 anos que estean en situación de desemprego. Os apoios oriéntanse a promover a contratación indefinida ou a contratación temporal por un periodo mínimo de 12 meses.
En caso de contratación indefinida, o bono pola contratación dunha persoa menor de 30 anos en desemprego será de 6.000 euros, coantía que se reduce á metade se se trata dunha contratación temporal por 12 meses. En caso de sectores estratéxicos, entre os que figuran o forestal e o da madeira, a coantía pódese aumentar un 25% en ambos casos. A maiores, ofrécese outra liña de apoios para accións de formación das persoas contratadas por medio desta convocatoria.
O presuposto previsto para esta liña de axudas é de 2 millóns de euros. Poderán ser entidades beneficiarias destes incentivos as persoas empregadoras ou empresas, independentemente da forma xurídica que adopten (persoas autónomas, sociedades civís, etc.).
O prazo xeral para a presentación de solicitudes remata o 30 de setembro, pero aquelas contratacións que se teñan feito desde o 1 de outubro do 2019 ata o 7 de xaneiro do 2020 terán de prazo ata o 7 de marzo. As contratacións que se fagan a partir de hoxe teñen un prazo de dous meses para solicitar a subvención a partir do inicio da relación laboral. Cómpre ter en conta que as solicitudes atenderanse por orde de recepción.
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta