Timac Agro destaca a eficacia do produto, que demostrou un rendemento catro veces superior aos carbonatos de canteira. A súa orixe, procedente de algas coralinas do fondo mariño, proporciónalle ademais riqueza en elementos secundarios e microelementos
Calcimer T400 é unha emenda cálcico-magnésica granulada que presenta unhas características singulares. É a única caliza extraída directamente do fondo do mar, o que lle achega unha composición e un modo de acción distinto aos carbonatos de canteira. Timac Agro, a empresa que elabora e comercializa Calcimer, comprobou nos seus ensaios que o produto se demostraba até catro veces máis eficaz na corrección do pH do solo. “É un paso adiante na mellora dos chans ácidos”, valora a empresa.
O alto contido do produto en Aragonito, un mineral máis soluble que a calcita, aumenta a rapidez da suba do pH do solo
A eficacia do produto vén definida polo seu alto contido (75%) nun mineral calizo, Aragonito, máis soluble que a calcita e de estrutura máis porosa. Isto incrementa considerablemente a rapidez no aumento do pH do solo, que se reforza coa posterior acción da calcita, que representa o 25% restante do produto.
Calcimer, é extraído na costa atlántica da Bretaña francesa. A súa orixe está en algas coralinas do fondo mariño, unha particularidade que lle proporciona gran riqueza en elementos secundarios, como xofre e sodio, ou en oligoelementos, como iodo ou boro, con propiedades positivas para os cultivos. Timac Agro destaca que Calcimer é un produto que estimula a actividade microbiana do chan e mellora a asimilación de nutrientes.
O produto, recomendado para pradarías e outros cultivos, é ademais utilizable en agricultura ecolóxica.
Máis información
Pódese consultar para máis información cos seguintes contactos:
De Heus Nutrición Animal lanza Dairy Compass, unha solución tecnolóxica avanzada que analiza e monitoriza, en tempo real, os datos clave das…
Deixa unha resposta