PUBLICIDADE
Logotipo
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Programa da reunión de outono da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes

Monte Cabalar, na Estrada, un exemplo de aproveitamento silvopastoral na provincia de Pontevedra

A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, en colaboración co CFEA de Lourizán, organiza a VI Reunión de Outono, que terá lugar os vindeiros venres 25 e sábado 26 de outubro no CFEA de Lourizán. Nesta ocasión a temática das xornadas é sobre “Manexo silvopastoral dos montes periurbans na provincia de Pontevedra”.

A xornada está aberta a todas aquelas persoas, comunidades de montes, entidades e concellos que pretendan comprender e explorar as oportunidades de manexo do monte na provincia de Pontevedra de cara a reducir a cantidade de mato e material combustible á vez que se realiza unha actividade gandeira sostible e rendible.

As inscricións serán por rigoroso orde de chegada, xa que o aforo é limitado, poden realizarse ata o luns 21 de outubro no enderezo da SGPF sgpf.galicia@gmail.com e nos teléfonos habituais (686 620 154 – 619 03 27 91).

PUBLICIDADE

Programa da Reunión de Outono da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes:

XORNADA OUTONO 19 SGPF 2 XORNADA OUTONO 19 SGPF 1

Descarga aquí o cartaz completo

Ver todas as noticias de axenda

Publicacións relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *