PUBLICIDAD
Logotipo
PUBLICIDAD
PUBLICIDAD

Muras prepara unha nova edición da Feira do Mel de Montaña, que se celebra o vindeiro domingo

Muras celebra o domingo a novena edición da Feira do Mel de Montaña, coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro , o alcalde de Muras Manuel Requeijo, a tenente alcalde Paula Gómez, acompañados por Manuel Ferreira da Casa do Mel, presentaron o programa de actividades, que pon en valor a calidade do mel das producións locais.

A feira, que se celebrará na Praza do Viveiró, contará con máis dunha vintena de postos de venda de mel e doutros produtos de temporada e proximidade, entre eles oito postos de apicultores e apicultoras de Muras .

Manuel Requeijo puxo en relevo a traxectoria da feira “que xurdiu de xeito humilde para dinamizar e dar vida a esta zona do concello, e que se consolidou como unha feira de referencia para as producións locais e para o sector como demostra o interese dos apicultores e apicultoras en poñer os seus postos na feira”.

PUBLICIDAD

Efrén Castro destacou “a importancia destas iniciativas de promoción e comercialización directa que apoian a produción de alimentos de proximidade e a diversificación produtiva no sector primario, neste caso, unha actividade como a apicultura que xenera rendas complementarias para as persoas que viven no rural e contribúe ao mantemento do medio natural” e valorou “o traballo que o goberno municipal de Muras ven desenvolvendo para dinamizar económica e socialmente o concello a partir do aproveitamento do monte e dos recursos naturais”.

A feira compleméntase cun programa lúdico con demostracións de cociña -co cociñeiro e micólogo Antonio Díaz- , un obradoiro de cociña infantil, un magosto popular e animación musical e espectáculos infantís no recinto durante toda a xornada -con Zanqueiro Borja Insua, Grupo Silabarda e Títieres Alakran –

Ademais, na véspera da feira, celébrase unha xornada técnica cunha cata de mel de Montaña na que se premia a calidade das producións participantes e unha charla divulgativa sobre xestión e manexo de producións apícolas.

Sábado 16 de novembro:

PUBLICIDAD

17.00 horas
Cata de Mel de Montaña
19:30 horas
Charla a cargo de David Liñares, apicultor profesional “Xestión e manexo durante o ano dunha produción apícola”
21.30 horas
Degustación de liscos de balde, animada polo Trio Rosel

Domingo 17 de novembro:

10.00 horas
Apertura da Feira do Mel de Montaña
Animación a cargo de Zanqueiro Borja Insúa
10.45 horas
Actuación Musical co Grupo Silbarda
12.00 horas
Showcooking a cargo de Antonio Díaz “Xantares con mel de Muras, cogomelos e produtos de proximidade”
16.00 horas
Títeres Alakran, reprsentación do espectáculo “ A Cuba”
17.00 horas
Taller de cociña infantil e magosto popular
18:00 horas
Entrega de premios

cartaz mel muras 24
Ver todas las noticias de apicultura

Publicacións relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *