PUBLICIDAD
Logotipo
PUBLICIDAD
PUBLICIDAD

La Asociación Galega de Apicultura organiza en Lugo jornadas informativas sobre la avispa velutina

La campaña 'Convives o Combates. Tú eliges' arranca este fin de semana en Samos y Lugo

A Asociación Galega de Apicultura (AGA), con apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, lanzou a campaña ‘Convives ou combates. Ti elixes‘, dedicada á loita contra a vespa velutina. A iniciativa, que inclúe varios encontros informativos, percorrerá catro concellos da provincia entre o 11 e o 18 de maio.

Os eventos comezarán en Samos e Lugo este sábado, 11 de maio, ás 11.00 horas no Centro Multiusos do Concello, e continuará o mesmo día ás 18.00 horas no Vello Cárcere de Lugo. O sábado seguinte, 18 de maio, as charlas desprazaránse ás Escolas Vellas de San Miguel de Reinante en Barreiros pola mañá, e pola tarde na oficina de turismo de Carballedo.

Estas xornadas abordarán a importancia da implicación cidadá no control da vespa velutina e promoverán a adopción de medidas para combatela sen prexudicar as explotacións apícolas tradicionais. O ciclo de actividades concluirá no verán con sesións de formación práctica.

PUBLICIDAD

A inscrición para estas actividades é gratuita e pode facerse enviando un correo a info@apiculturagalega.gal.

Convives ou combates, ti decides! Samos

Ver todas las noticias de apicultura

Publicacións relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *